Para que este Entroido sexa entretido convocamos unha Tarde de Xadrez un tanto caótica para que os participantes poidan desfrutar dunha boa tarde.
Luns 16 ás 16,00
16:00: Presentación e explicación dos 3 eventos.
16:00-17:00: Torneo de Pase de Pezas. Unha variedade de partidas de xadrez por parellas. A actividade máis divertida do programa. Podes facer parella cun amigo, un familiar ou outro asistente que non coñezas.
17:00-18:00: Concurso de Resolución de Problemas. Unha serie de problemas para desafiar a túa mente. A primeira persoa que levante a man e dea a solución correcta gaña 3 puntos, a segunda 2 e a terceira 1. Se se equivoca, perde 1 punto.
18:00-19:00: Torneo de Lóstrego. Un torneo de curta duración. Final de 5 minutos nun reloxo analóxico.
E a partir das 18:30, hai unha actividade de entroido no piso de abaixo con premios para disfraces, polo que rematará cunha tarde divertida.
Anímate... non é necesario anotarse antes e teremos algún premio para os mellores de cada proba.
Calquera dúbida temos un Grupo de Whatssapp para as accións do Entroido:
Despois da última edición celebrada no Sporting Cluib Casino en 2020 (pódese ver no arquivo de febreiro de 2020), voltamos ao noso tradicional torneo de Entroido. Este 2026 retomamos a festa do xadrez e das máscaras, con máis ganas ca nunca.
E facémolo como nos seus inicios sen axudas económicas, coa idea de lograr un modelo de torneo autofinaciado e proba para os futuros torneos de recaudación para a Fundación que estamos promovendo varias entidades do xadrez coruñés (www.agax.es)
Nome do torneo: Torneo de Xadrez de Entroido
Data: Martes 17 de febreiro de 2026
Lugar: Sporting Club Casino – Rúa Real, A Coruña – Planta 1
Hora de inicio: 17:00
Hora aproximada de entrega de premios: 19:30
Sistema de xogo
Roldas: Sistema suízo a 5 roldas
Desempates: Bucholz -1, Bucholz, Sonneborn-Berger, Progresivo, Enfrontamento particular, Número de vitorias, Número de vitorias con negras
Ritmo de xogo: 10 + 2
Categorías
Absoluto
Sub14
Sub12
Sub10
Sub8
No caso de que algunha das categorías teña menos de 12 participantes, a organización poderá unir unha categoría con outra similar. O número de roldas poderá ampliarse a 6 se o número de participantes dunha categoría supera os 32 xogadores.
Premios
Trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
Medalla para todas as persoas participantes sub14.
Inscricións
O prazo permanece aberto ata o luns, 16 de febreiro de 2026. A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario correspondente.
Trátase dun torneo de Entroido, así que recomendamos vivamente que as persoas xogadoras veñan disfrazadas. Non é obrigatorio, pero si moi desexable para encher o salón de cor, humor e espírito festivo. Haberá algunha sorpresa para os disfraces máis orixinais.
Advertencias importantes
1. Seguro e licenza federativa De acordo coa lexislación vixente, é obrigatorio que cada participante dispoña dun seguro de accidentes. Isto implica contar cunha licenza federativa de xadrez en vigor. Se algún xogador ou xogadora non está federado/a, debe informarse das opcións dispoñibles na súa escola de xadrez ou escribindo ao correo da organización.
2. Protección de datos e imaxe As persoas participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais nos medios que a organización considere oportunos para a difusión do evento (resultados, clasificacións, listaxes de participantes, etc.), así como a súa presenza nas fotografías realizadas co mesmo fin.
A participación no torneo implica a aceptación destas normas.
Do mesmo xeito que o realizado nos dous anos anteriores, iniciamos nos Martes de Xadrez o periodo de adaptación á Liga Galega de Xadrez.
A principios de ano esta competición, á que se suman outras probas por equipos e os torneos escolares da Xunta, centra a vida do xadrez galego.
Como a Liga é a un ritmo mais lento, retomamos nos Martes de Xadrez, as partidas lentas.
Os xogadores tamén poderám anotar as partidas para que poidan facer analise despois dos seus acertos e erros durante as mesmas. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.
TORNEO DE XADREZ DE IMBOLC
En relación aos realizados anteriormene haberá uns pequenos cambios, mantendo o nome de Imbolc, unha antiga festividade céltica que se celebraba na noite do día 1 de febreiro, con festas que seguramente son as antecesoras de parte da actuais do día da Candaloria en distintos paises europeos.
Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador
Días de xogo: Xaneiro: 20 e 25 / Febreiro: 3, 10 e 24.
Asñi que recuperamos as cinco roldas de hai dous anos, en vez de seis, para rematar pouco despois do Entroido (onde teremos mais actividades).
Horario das partidas: 19,15 en adiante.
Emparellamentos: Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a participación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda realizaranse cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento.
Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que estean presentes no emparellamento semanal.
Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.
Premios: O gañador do torneo levará un trofeo como vencedor desta actividade lúdica.