21 de xullo de 2023

Torneo Día do Xadrez

Primeira edición dun torneo que agardamos repetir no futuro e ir mellorando. Na celebración do Día Mundial do Xadrez o vencedor foi o xogador do Sporting Club Casino Marcos Martínez.

Durante este verán teremos algunha actividade mais; en agosto coa celebración do Torneo do Día da Xuventude (12 de agosto) e en setembro coa Copa González March que realizaremos no Casino, pero este ano na sede prinicpal na rúa Real.

A clasificación final foi a seguinte:

1 MARCOS MARTINEZ, 1900 5 15.0 5 8.5 15.0
2 IAGO SOTO, 1639 4 13.0 4 8.5 13.5
3 CARLOS CASTEDO, 1506 3 11.0 3 8.5 14.5
4 HECTOR RODRIGUEZ, 1400 3 9.0 3 7.5 10.5
5 OLIVER SANCHEZ, 1162 3 9.0 3 6.5 12.5
6 ALBERTO SANCHEZ, 1720 3 8.0 3 7.5 12.5
7 FRANCISCO GARCIA, 1677 2.5 7.5 2 9.0 15.0
8 JACOBO VIEITES, 1700 2.5 7.5 2 8.0 13.0
9 JOSE MANUEL ANDION, 1217 2.5 6.5 2 8.0 14.0
10 MARCO MARCOTE, 1200 2.5 6.5 2 6.0 9.0
11 DIEGO TIRAPU, 2 7.0 2 8.5 12.5
12 DIEGO GONZALEZ, 1 3.0 1 8.5 11.5
13 ADRIAN ROSENDE, 1 2.0 1 7.0 10.0
14 BREIXO GARCIA, 0 0.0 0 6.5 11.5

11 de xullo de 2023

Día do xadrez

Este ano imos iniciar un torneo que agardamos manter no futuro. O do Día Mundial do Xadrez.

Hai nin catro anos, o 12 de decembro de 2019, a Asemblea Xeral da ONU proclamou o 20 de xullo como o Día Mundial do Xadrez para conmemorar a data da fundación da Federación Internacional de Xadrez (FIDE) en París en 1924. Pero se pensas que xa existía antes estás no certo, viña sendo celebrada xa dende 1966 pola FIDE, pero sen a proclamación da ONU.

Na proclamación deste Día Mundial a ONU recoñeceu o xadrez como ferramente para mellorar a convivencia respectuosa entre todos os pobos.

TORNEO DIA MUNDIAL DO XADREZ

Xoves 20 de xullo

20,30 horas

5 roldas a 5 minutos

3 de xullo de 2023

Semana de xadrez en xullo

Dende hoxe luns ata o venres teremos unha actividade gratuita de xadrez no Centro Comercial Los Rosales. 

Será ás 19,00 horas e cada día consistirá nunha pequena clase e despois un torneo de partidas a cinco minutos.

Rematará a actividade sobre as 20,30.