12 de xullo de 2024

SEMANA DO XADREZ EN XULLO

SEMANA DO XADREZ EN XULLO

Tras a semana da Copa González March, temos unha segunda semana de actividade, nesta ocasión no Centro Comercial Los Rosales. Cinco días de actividades previos ao sábado 20 no que se conmemora o Día Mundial do Xadrez.

En que vai consistir esta semana? Unha serie de actividades de balde, grazas ao apoio da Deputación e do Centro Comercial que aquí te resumimos.
Todos os días abriremos ás 18,00 para os que queiran ir botar unhas partidas. 

LUNS 15
Como é o primeiro día de actividade deste mes nos Rosales aproveitaremos para facer o cambio de problemas e adornos do escaparate.
Torneo de partidas lóstrego para os que queiran ás 19,00 horas.

MARTES 16
Dedicaremos o día ao dominó. Sabes? Queres aprender?
Faremos partidas de dominó a partir das 20,00

MÉRCORES 17
En colaboración con INCUDE, faremos un torneo de Xadrez FischerRandom. 
As partidas serán de cinco minutos, pero os xogadores disporán duns minutos antes de cada partida para analizar a situación e pensar estratexia. Roldas ás 19,00 / 19,30 / 20,00 / 20,30 / 21,00
Trofeo para o mellor clasificado.

XOVES 18
Hoxe toca un pouco de adestramento.
Ademais das partidas libres dende 19,00 teremos unha práctica de finais.

VENRES 19
En colaboración con INCUDE, torneo de partidas rápidas rápidas polo "Día do Xadrez". Ritmo 15 minutos finish. 19,00 / 19,30 / 20,00 / 20,30 / 21,00
Trofeo para o mellor clasificado.

Non teremos actividade o día 20, porque xa hai prevista a celebración de dúas actividades polo club Xadrez das Mariñas.

11 de xullo de 2024

Copa González March

Tras uns días de descanso na actividade de xadrez publicamos hoxe as clasificacións da Copa González March.

Podes ver tamén no noso facebook unha selección de fotos da actividade.

Grazas a todos por participar e agardamos veros de novo o vindeiro ano, seguramente polas mesmas datas.

Pos. Ran. Tít.Nombre Fed.Pts. Cmlt BucT DirE BucM Buc1 FIDE Nac. Origen/Club 
11Perez Ruiz, SantiagoESP4,514.513.50.08.011.520240BAÑEZA
22Casares Ripol, Fernando JoseESP4,011.011.00.06.510.018810EXA
36Lopez Robles, Rodrigo JulioESP3,510.513.50.07.512.017570SIGRAS
44Couto Worner, SergioESP3,59.011.50.06.510.518040SADA
58Cintado Yanez, MiguelESP3,012.015.50.09.013.516950ETX
69Lopez Fernandez, AntonioESP3,011.015.50.09.513.516630ETX
716Marcote Gonzalez, MarcoESP3,010.013.00.07.011.515100SADA
817Lopez Corral, DavidESP3,08.011.00.06.59.514690ETX
919Lamas Perez-Cepeda, Jose ManuelESP2,58.513.00.07.011.000ETX
103Blanco de la Rosa, DiegoESP2,56.511.00.06.510.018290COYANZA
1115Marti Martin, Jorge ManuelESP2,55.511.00.06.510.015220MIRKO
1212Esteve Perez, Manuel FulgencioESP2,07.013.00.06.511.016390EXA
1310Aranguena Laffon, JaimeESP2,06.013.50.07.011.516530CIDU
147Traveso Neira, JulioESP2,06.011.50.06.59.517530ETX
1514Del Valle Rodriguez, RamiroESP2,06.010.50.06.09.515770ETX
1618Rungo, PaoloITA2,04.010.00.05.58.514550ETX
1713Quintas Otero, LoisESP1,54.513.00.08.012.015850USC
185Pena Barbeito, RodrigoESP1,53.59.50.06.09.018010MAGIC
1911Martinez Nalda, Juan PedroESP1,04.515.50.09.513.516410XDM

5 de xullo de 2024

Hoxe remata a Copa

Coa partida de hoxe ás 19,00 remata a Copa González March deste ano.

Un torneo intenso que terá a entrega de premios ao rematar a última das partidas en xogo.

Grazas a todos por participar.

3 de xullo de 2024

Terceira rolda da Copa

A Copa González March segue o seu ritmo no Sporting Club Casino. 

Unha proba na que na segunda xornada volveu a haber algunha sorpresa e así tras só dúas partidas tamén hai posibles variacións de ELO de entre -26 e +66.

Hoxe terceira rolda, con catro xogadores que chegan cos dous puntos.


2 de xullo de 2024

Segunda xornada da Copa

Hoxe temos a segunda das cinco partidas desta proba. Na xornada de luns nas cinco primeiras mesas só logrou a vitoria a o primeiro do ranking, idea do competida que vai estar a proba.

Podes seguir os resultados e emparellamentos en:

COPA GONZALEZ MARCH 2024 - info64.org

1 de xullo de 2024

Copa González March

Hoxe iniciaremos a Copa González March.

Posto que non se cubreu o máximo de anotados aceptaremos inscricións tardías ata as 18,00.

Para os afeizoados a partidas standard poucos torneos hai con este ritmo na cidade.