28 de agosto de 2023

Chegamos aos 32 xogadores

Cando o delegado do equipo do Casino solicitou facer un torneo de lentas non estaba claro que fora a ter éxito... pero este domingo, a falta dunha semana para o torneo chegamos aos 32 xogadores anotados.

Como dixemos o torneo vai ser unha proba para torneos de lentas mais ambiciosos e realmente a primeira impresión xa é positiva. Se case sen premios cubrimos as 32 prazas parece que podemos ir pensando en algo mais longo e con maiores premios.

Ademais tamén ten sucedido estes días que por fin tivemos noticia da familia de González March. A pesar de levar uns anos homenaxeando a este home non tíñamos moitos datos, Nos próximos días agardamos saber mais e estudar o xeito de facer deste torneo un dos referentes do xadrez coruñés.

O formulario segue aberto por se algún desexa anotarse en lista de espera. Mandaremos estes días un recordatorio aos inscritos por se algun ten problemas para asistir.

De entrada a todos grazas por anotarse e animar a seguir facendo este tipo de probas.

14 de agosto de 2023

COPA GONZALEZ MARCH

Imos comezar o curso 2023-2024 con varios cambios e un deles é o valor asignado á Copa González March que nesta edición vai ser unha proba para torneos maiores nos que estamos pensando no Sporting Club Casino, a entidade que historicamente mais torneos importantes acolleu na Coruña.

Por este motivo a Copa González March deste 2023, organizada polo Sporting Club Casino e Palaestra con cargo aos seus propios orzamentos, vai servir para evaluar a posible recuperación dun torneo de lentas, lembrando aos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial que se celebraron no último tercio do século XX nas nosas instalacións.

BASES COPA GONZALEZ MARCH 2023

Organizan: Sporting Club Casino e SCD Palaestra.

Datas: Do luns 4 ao venres 8 de setembro de 2023.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.

Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: Venres 8 de setembro as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2200.

Inscricións:

A cota será de 10 euros. 

Os socios do Sporting Club Casino e de Palaestra terán bonificada a cota nun 50%.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata que se complete o aforo previsto.

Ata o día 20 terán preferencia na inscrición os xogadores federados polo Sporting Club Casino.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado socio do Sporting Club Casino: 20 euros.

1º clasificado da Universidade da Coruña: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha taza cun motivo de xadrez como agasallo.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.


7 de agosto de 2023

TORNEO DIA DA XUVENTUDE

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos un novo Torneo, que coma as outras actividades da nosa entidade ven con intención de quedarse.

O Día Internacional da Mocidade
A Asemblea Xeral da ONU en 1965, tratou por vez primeira a importancia de potenciar entre a xuventuden os valores de convivencia. ideais de paz,  O Día Internacional conmemórase todos os anos o 12 de agosto para chamar a atención sobre os problemas da mocidade e para axudar a desenvolver o potencial dos mozos como socios da sociedade actual. 

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DIA DA XUVENTUDE

Data: 12 de agosto de 2023.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Senior (55 anos), Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. Segundo o número e variedade dos participantes poderán xogar en unha ou varias categorías todos xuntos.
 
Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
Libro de agasallo para os asistentes.

Partcipantes: Ata 40 participantes.

Inscricións: Abertas ata o venres 11 ou completar aforo. 
Deben facerse neste formulario:


Cota: Gratuito. 

Actividade complementaria: O venres 11 teremos ás 20,15 no mesmo lugar un torneo de partidas rápidas.


Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

6 de agosto de 2023

Resultados torneo Lugnasad

Disputado este pasado sábado 5, tivo como vencedor a Brais Martínez, no que era a súa última participación en torneos en España antes de viaxar por estudos a México durante cinco meses. 

O torneo era un adestramento para o Torneo do Día Mundial da Xuventude que se celebrará o próximo sábado.

A clasificación foi a seguinte:

1º Brais Martínez
2º Iago Soto
3º Félix García
4º José Pardo
5º Francisco Cánovas
6º Roberto Blandón


4 de agosto de 2023

Torneos sábados de agosto

Este primeiro sábado de agosto teremos un pequeno torneo amigable cun trofeo e o sábado 12 celebraremos o Torneo do Día Mundial da Xuventude que agardamos sirva para dar inicio tamén a un novo programa xuvenil da nosa entidade.

Se te apetece simplemente pasa este sábado ás 17,00 polo Centro Comercial Los Rosales.

E podes anotarte no torneo do Día da Xuventude onde teremos un trofeo para o mellor das categorias senior, absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub8. 

Xa sabes dous sábados para botar unhas partidas.

SÁBADO 5 DE AGOSTO
Centro Comercial Los Rosales
17,00 horas
Partidas a 15 minutos finish.
Trofeo para o mellor clasificado.