1 de xaneiro de 2009

A NOSA ESCOLA

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra naceu en 1989 e dende os primeiros momentos tivo actividade de xadrez, sendo unha das impulsoras da Asociación Galega de Xadrecistas creada no mesmo ano uns meses máis tarde.

Nos primeiros anos a actividade de xadrez estivo vencellada á actividade universitaria e no Centro Social Sagrada Familia, chegando a ter equipos propios disputando a Liga Galega de Xadrez.

A evolución posterior levou a Palaestra a deixar as competicións oficiais e organizar torneos de xadrez, ata chegar á situación actual dende hai xa uns anos, na que a entidade ten dúas escolas:

1. Escola de Xadrez no Sporting Club Casino.

Actividade para socios do Casino que inclúe equipo para a a competición en Liga Federada.

2. Escola de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Escola aberta a calquera interesado con actividades moi diversas. 

Se estás pensando nun sitio onde vir xogar as nosas escolas son unha boa opción.