Curso 2024-2025
Neste espazo recollemos a actividade dos "Martes de Xadrez", actividade gratuíta grazas á axuda da Deputación da Coruña e do Centro Comercial Los Rosales.
Pásate polo Centro Comercial Los Rosales ás 19.00.
O inicio do curso tanto no CC Los Rosales como no Casino será co inicio do curso escolar o 11 de setembro.
Pero xa o día anterior o día 10 faremos a presentación da actyividade no CC Los Rosales.
Se tes algunha suxerencia estás a tempo de propoñer.
Na imaxe as brancas levan rei e peón contra rei... Quen vai gañar?
Rematadas estas actividades o xadrez de Palaestra voltará co inicio do curso o martes 10 de setembro.
Durante estes días iremos publicando algunhas das propostas e novidades.
Resultado Torneo Standard:
1 JORGE RODRIGUEZ, 2117 5 19.0 5 18.0 13.0
2 HUGO HERRADOR, UNIV 1534 4 15.0 4 16.0 10.5
3 FELIX GONZALEZ, 3.5 12.0 3 19.0 13.0
4 MARCO MARCOTE, S12 1547 3.5 11.5 3 16.5 11.0
5 ZOE RODRIGUEZ, S12 1455 3.5 9.5 3 16.0 10.5
6 MAR RODRIGUEZ, S10 1407 2.5 9.0 2 20.0 14.5
7 JORGE ANTONIO MACHUCA, S14 1 6.0 0 17.5 12.5
8 FELIX GARCIA, 1 2.0 1 20.0 14.5
Resultado Torneo Lóstrego:
1 DANIEL CODESIDO, 1837 5 15.0 5 9.0 13.5
2 JORGE RODRIGUEZ, 2087 4 13.0 4 10.0 16.5
3 IAGO SOTO, 1816 4 12.0 4 6.5 11.0
4 FRANCISCO GARCIA, 1772 3 11.0 3 10.0 17.0
5 JOSE ANGEL RODRIGUEZ, 1862 3 10.0 3 8.0 15.0
6 ABRAHAM PEREIRA, 3 9.0 3 6.5 12.0
7 MARCO MARCOTE, 1578 3 8.0 3 7.5 12.0
8 HUGO HERRADOR, 1534 3 6.0 3 5.0 8.5
9 JOSE MANUEL ANDION, 1616 2 7.0 2 7.5 12.0
10 ZOE RODRIGUEZ, 1455 2 6.0 2 9.0 13.5
11 JOAQUIN DEL RIO, 1765 2 6.0 1 7.5 13.0
12 GABRIEL DEL RIO, 1507 2 5.0 1 8.5 13.0
13 MAR RODRIGUEZ, 1407 2 5.0 1 6.0 9.5
14 MARTIN PEREIRA, 1 5.0 0 7.0 12.5
15 LUCAS RODRIGUEZ, 1517 1 2.0 0 8.5 15.5
Organizan: Centro Comercial Los Rosales e SCD Palaestra.
Datas: Luns 12, martes 13 e mércores 14 de agosto de 2024.
Horario de xogo: Dúas roldas diarias ás 17,00 e19,00.
Local de xogo: Centro Comercial Los Rosales – A Coruña.
Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas ou adaptable aos xogadores inscritos.
ELO: O torneo NON será válido para ELO.
Ritmo de xogo: 30´+ 30”
Participación:
1. Aberto a todos os interesados. Non será necesario contar con licenza federativa en vigor.
2. Haberá un máximo de 32 participantes.
Inscricións:
De balde.
Agradécese a entrega de comida (pasta ou arroz) para as nosas accións solidarias.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda.
Premios:
Trofeo para os tres primeiros postos.
Trofeo para o mellor xogador de cada unha das seguintes categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8
Trofeo para o mellor xogador da Universidade.
Medalla para todos os participantes sub14.
Aspectos varios:
A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.
Como actividade complementaria realizaremos un torneo lóstrego, con trofeo para o vencedor, o venres 16 ás 20.00 horas.
Esta semana publicaremos as actividades da última parte do ano, pero aqui deixamos o pequeno video resume da Copa González March.
Non teremos actividade o día 20, porque xa hai prevista a celebración de dúas actividades polo club Xadrez das Mariñas.
Pos. | Ran. | Tít. | Nombre | Fed. | Pts. | Cmlt | BucT | DirE | BucM | Buc1 | FIDE | Nac. | Origen/Club |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Perez Ruiz, Santiago | ESP | 4,5 | 14.5 | 13.5 | 0.0 | 8.0 | 11.5 | 2024 | 0 | BAÑEZA | |
2 | 2 | Casares Ripol, Fernando Jose | ESP | 4,0 | 11.0 | 11.0 | 0.0 | 6.5 | 10.0 | 1881 | 0 | EXA | |
3 | 6 | Lopez Robles, Rodrigo Julio | ESP | 3,5 | 10.5 | 13.5 | 0.0 | 7.5 | 12.0 | 1757 | 0 | SIGRAS | |
4 | 4 | Couto Worner, Sergio | ESP | 3,5 | 9.0 | 11.5 | 0.0 | 6.5 | 10.5 | 1804 | 0 | SADA | |
5 | 8 | Cintado Yanez, Miguel | ESP | 3,0 | 12.0 | 15.5 | 0.0 | 9.0 | 13.5 | 1695 | 0 | ETX | |
6 | 9 | Lopez Fernandez, Antonio | ESP | 3,0 | 11.0 | 15.5 | 0.0 | 9.5 | 13.5 | 1663 | 0 | ETX | |
7 | 16 | Marcote Gonzalez, Marco | ESP | 3,0 | 10.0 | 13.0 | 0.0 | 7.0 | 11.5 | 1510 | 0 | SADA | |
8 | 17 | Lopez Corral, David | ESP | 3,0 | 8.0 | 11.0 | 0.0 | 6.5 | 9.5 | 1469 | 0 | ETX | |
9 | 19 | Lamas Perez-Cepeda, Jose Manuel | ESP | 2,5 | 8.5 | 13.0 | 0.0 | 7.0 | 11.0 | 0 | 0 | ETX | |
10 | 3 | Blanco de la Rosa, Diego | ESP | 2,5 | 6.5 | 11.0 | 0.0 | 6.5 | 10.0 | 1829 | 0 | COYANZA | |
11 | 15 | Marti Martin, Jorge Manuel | ESP | 2,5 | 5.5 | 11.0 | 0.0 | 6.5 | 10.0 | 1522 | 0 | MIRKO | |
12 | 12 | Esteve Perez, Manuel Fulgencio | ESP | 2,0 | 7.0 | 13.0 | 0.0 | 6.5 | 11.0 | 1639 | 0 | EXA | |
13 | 10 | Aranguena Laffon, Jaime | ESP | 2,0 | 6.0 | 13.5 | 0.0 | 7.0 | 11.5 | 1653 | 0 | CIDU | |
14 | 7 | Traveso Neira, Julio | ESP | 2,0 | 6.0 | 11.5 | 0.0 | 6.5 | 9.5 | 1753 | 0 | ETX | |
15 | 14 | Del Valle Rodriguez, Ramiro | ESP | 2,0 | 6.0 | 10.5 | 0.0 | 6.0 | 9.5 | 1577 | 0 | ETX | |
16 | 18 | Rungo, Paolo | ITA | 2,0 | 4.0 | 10.0 | 0.0 | 5.5 | 8.5 | 1455 | 0 | ETX | |
17 | 13 | Quintas Otero, Lois | ESP | 1,5 | 4.5 | 13.0 | 0.0 | 8.0 | 12.0 | 1585 | 0 | USC | |
18 | 5 | Pena Barbeito, Rodrigo | ESP | 1,5 | 3.5 | 9.5 | 0.0 | 6.0 | 9.0 | 1801 | 0 | MAGIC | |
19 | 11 | Martinez Nalda, Juan Pedro | ESP | 1,0 | 4.5 | 15.5 | 0.0 | 9.5 | 13.5 | 1641 | 0 | XDM |
Un torneo intenso que terá a entrega de premios ao rematar a última das partidas en xogo.
Grazas a todos por participar.
Unha proba na que na segunda xornada volveu a haber algunha sorpresa e así tras só dúas partidas tamén hai posibles variacións de ELO de entre -26 e +66.
Hoxe terceira rolda, con catro xogadores que chegan cos dous puntos.
Podes seguir os resultados e emparellamentos en:
Posto que non se cubreu o máximo de anotados aceptaremos inscricións tardías ata as 18,00.
Para os afeizoados a partidas standard poucos torneos hai con este ritmo na cidade.
E para os curiosos sobre porque celebramos este día, aínda que actualmente só en poucas localidades teñan estas festas, foron das máis populares de Galicia, un pouco como continuación de San Xoan; acendíanse fogueiras nas romarías. Como no caso de San Xoan, unha vez feita a cacharela habia que saltar por riba dela. Na Coruña perviviu como actividade importante durante a primeira metade do século XX, pero desapareceron logo. Os coruñeses tiñan dous sitios principais para ir de romaría; a Nos ou a Visma (ambos sitios con San Pedro como patrón).
Actividades para estes días de balde e no Centro Comercial Los Rosales co apoio da Deputación da Coruña:
MARTES 25, MÉRCORES 26 E XOVES 27 DE XUÑO
Estaremos de 18,00 en adiante para que a xente bote partidas de xadrez libremente e realizaremos torneo lóstrego ás 19,00.
Ademais cada día teremos algún xogo de mesa distinto e montaremos algún mobiliario novo.
VENRES 28 DE XUÑO
Torneo a ritmo mais lento... 15 minutos finish. Partidas a 18,00, 18,30, 19,00, 19,30 e 20,00.
Para o gañador deste torneo, si que teremos como premio un trofeo.
Nos próximos días iremos dando mais datos.
A Copa González March, organizada polo Sporting Club Casino e Palaestra con cargo aos seus propios orzamentos, segue na liña de recuperar torneos de lentas, lembrando aos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial que se celebraron no último tercio do século XX nas nosas instalacións.
O torneo pasa a celebrarse no mes de xullo, o tradicional nas probas indicadas, e no mes de setembro coordinaremos cunha nova proba de lentas realizada pola Universidade.
BASES COPA GONZALEZ MARCH 2024
Organizan: Sporting Club Casino e SCD Palaestra.
Datas: Do luns 1 ao venres 5 de xullo de 2024.
Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.
Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña.
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas
ELO: O torneo será válido para ELO standard.
Ritmo de xogo: 60´+ 30”
Horario de clausura: Venres 5 de xullo as 21,30 horas aproximadamente.
Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA.
Participación:
1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
2. Haberá un máximo de 32 participantes.
3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2400.
Inscricións:
A cota será de 20 euros (para aqueles que participen no torneo da Universidade a cota do segundo torneo será bonificada nun 10%).
Os socios do Sporting Club Casino e de Palaestra terán bonificada a cota nun 50%.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
O prazo permanecerá aberto ata o 30 de xuño ou ata que se complete o aforo previsto.
Ata o día 15 terán preferencia na inscrición os xogadores federados polo Sporting Club Casino.
O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.
Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda.
Premios:
1º posto: Trofeo e 90 euros.
2º posto: Trofeo e 65 euros.
3º posto: Trofeo e 40 euros.
4º posto: 20 euros.
1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo e 20 euros.
E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio.
Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.
Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.
Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.
Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.
Aspectos varios:
A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.
Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.