7 de febreiro de 2025

Liga Galega

O pasado sábado o equipo do Sporting Club Casino iniciaba a nova Liga Galega de Xadrez.

Conseguimos un punto e este sábado na Zapateira recibiremos ao Mirko.

Sorte para todos.

E se queres xogar connosco contacta e vemos opcións. Sempre estamos necesitados de xente.

4 de febreiro de 2025

Martes de xadrez

O pasado sábado comezaban a Liga Galega de Xadrez e a Liga AGAX sub12 que se xogou no Centro Comercial Los Rosales.

Para adestrar para estas probas mantemos o Torneo de Imbolc. Hoxe chegamos á terceira rolda.

Unha partida lenta e con anotación.