22 de xaneiro de 2024

Terceira rolda do Torneo de Lentas

Martes 23, un novo Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.
Chegamos á terceira rolda do torneo de partidas lentas, de adestramento para a Liga.
Como xa dixemos a xente é libre de ir xogar, participaran ou non nas roldas anteriores. O sorteo realizarase ás 19,15.
Agardamos que anotar as partidas axude á mellorar o xogo dos participantes.
Nos próximos días, unha vez que teñamos o calendario da Liga Galega de Xadrez, anunciaremos as actividades do entroido e dos sábados da Liga.

15 de xaneiro de 2024

Martes de xadrez

Ista semana temos un novo Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Lembramos que no primeiro semestre do ano estamos facendo un torneo suizo de partidas a 45 minutos por xogador, para adestrar para a Liga Galega de Xadrez, que terá os calendarios provionais esta semana e empezará a mediados de febreiro.

Podes sumarte ao torneo, totalmente amigable, en calquera das roldas que poidas xogar.

As partidas tamén serán anotadas para ver os erros e poder correxilos.


7 de xaneiro de 2024

Torneo de Lentas

Co novo trimestre traemos unha nova configuración para os nosos Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Os martes de xadrez terán agora as partidas mais lentas, de feito unha diaria, para que os asistentes poidan adestrar para a Liga Galega de Xadrez que se celebrará a partir do sábado 15 de febreiro.

Os xogadores tamén anotarán as partidas para comentar posibles erros nas sesións seguintes. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.

TORNEO DE XADREZ DE LENTAS XANEIRO

Sistema suizo a 5 roldas.

Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador

Días de xogo:
Xaneiro: 9, 16, 23 e 30 / Febreiro: 6

Horario das partidas: 19,15 en adiante.

Emparellamentos: Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a prticipación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda realizaranse cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento.

Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que cumplan o exposto no apartado anterior.

Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.

Premios: Haberá un trofeo para o vencedor final.
Ademais queremos animarvos a ser socios de Palaestra (son só 10 euros por curso) de xeito que imos darlle un pequeno agasallo a todos os socios por cada punto que logren (ademais dos que xa damos ao facerse socio). O mellor socio nos torneos que celebremos no Centro Comercial Los Rosales ata o 31 de agosto recibirá tamén un trofeo.

5 de xaneiro de 2024

Iniciamos o trimestre

O novo trimestre de xaneiro a marzo empezará na nosa Escola de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales o martes 9 de xaneiro.

Actividades de balde, co apoio da Deputación da Coruña.

Martes de Xadrez

De 19,00 en adiante, a partir do día 9 de xaneiro.

En relación ao realizado nas etapas anteriores imos facer cambios no desenvolvemento destas xornadas.

Ás 19,00 faremos unha pequena explicación e a continuación celebrarase unha partida dun torneo de lentas. Cada torneo durará 5 días a un ritmo de 45 minutos por xogador, de xeito que se adestre para a Liga Galega de Xadrez que empezará o 17 de febreiro.

Publicaremos as bases en breve.

Sábados de Liga

De 16,00 a 16,45 a partir do 17 de febreiro.

Serán leccións de aperturas e finais especialmente destinadas para os participantes da Liga que disputen as súas partidas no Centro Comercial Los Rosales.

Actividade de pago.

Os martes de 18,00 a 19,00 teremos clases de xadrez cun custo de 45 euros por trimestre (de xaneiro a marzo) e 10 euros os que aínda non sexan socios. Queres participar? Escríbenos.