1 de abril de 2009

Asociarse

Debes ser mebro de Palaestra para algunhas das nosas actividades pero aínda que non participes constantemente nas mesmas podes facerte socio simplemente por apoiar a nosa actividade. Organizar torneos, moitos deles gratuítos e algúns sen apoios externos, ten bastantes gastos. No mellor dos casos as subvencións non chegan ao 80% do custo real.

Así que tanto se vas a participar nas nosas actividades para socios ou se queres axudar ao noso calendario de torneos, podes ser un membro de Palaestra.

SOCIOS DE PALAESTRA 2023-2024

O periodo vai dende o 1 de setembro ao 31 de agosto.

A cota anual é de só 10 euros.

Por inscribirse os socios recibirán un libro de xadrez e poderán escoller entre unha camiseta e unha taza (cun motivo de Clash Royale).

Ao solicitar un dos grupos de xadrez do curso xa teremos os teus datos. Se non é o caso podes solicitar o pequeno folleto para anotarte nas nosas actividades.

Actualizado agosto 2023