25 de marzo de 2024

Semana Santa

Lembramos que hoxe temos no Centro Comercial Los Rosales e co apoio da Deputación da Coruña o inicio dun novo torneo amigable de xadrez para estes tres primeiros días da Semana Santa.

TORNEO DE SEMANA SANTA

Días: Luns 25, martes 26 e mércores 27 ás 19,00.

Modalidade: Sistema suízo a 6 roldas, cada día xogaranse dúas partidas, a primeira ás 19,00 e a segunda ás 19,30.

Rítmo de xogo: 15 minutos.

Inscricións: A inscrición é de balde.

Premios: Os tres mellores na clasificación recibirán unha taza con motivo de xadrez.

Nota: Será como nos torneos dos anteriores martes unha proba totalmente amigable na que os xogadores poderán inscribirse tardíamente ou xogar días ou roldas soltos. Cada rolda realizarase cos xogadores presentes nese momento.

Os tres días teremos actividades especiais de 17,00 a 19,00.

Ningún comentario:

Publicar un comentario