18 de febreiro de 2024

Novo Torneo de Lentas

Tras o parón do entroido volven os martes de xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Os martes van seguir a filosofía iniciada o pasado mes con partidas mais lentas, do que foi habitual ata este 2024, cunha soa diaria, para que os asistentes poidan adestrar para a Liga Galega de Xadrez que empezou o pasado sábado.

Os xogadores tamén anotarán as partidas para que poidan analisar os seus erros. Todos os martes haberá unha pequena explicación de 19,00 a 19,15 e posteriormente disputaremos a rolda diaria.

TORNEO DE XADREZ DE LENTAS FEBREIRO - MARZO

Sistema suizo a 5 roldas.

Ritmo das partidas: 45 minutos por xogador

Días de xogo:
Febreiro: 20, 28 / Marzo: 5, 12 e 19

Horario das partidas: 19,15 en adiante.

Emparellamentos: Dado que está dentro da actividade dos Martes de Xadrez no que a participación varía dunha semana para outra os emparellamentos de cada rolda realizaranse cinco minutos antes do inicio de cada rolda cos xogadores presentes nese momento.

Participación: Aberta a tódolos interesados teñan ou non licencia federativa ou vaian ou non xogar a Liga. Admitiranse novos xogadores ao longo de todo o torneo sempre que estean presentes no emparellamento semanal.

Cota: De balde. A actividade está dentro da programación da nosa escola gratuita co apoio da Deputación da Coruña.

Premios: O gañador do torneo levará unha taza cun detalle de xadrez.

Ademais queremos animarvos a ser socios de Palaestra (son só 10 euros por curso) de xeito que imos darlle un pequeno agasallo a todos os socios por cada punto que logren (ademais dos que xa damos ao facerse socio). O mellor socio nos torneos que celebremos no Centro Comercial Los Rosales ata o 31 de agosto recibirá tamén un trofeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario