16 de febreiro de 2024

Actividade próxima

Este sábado empezaremos coas actividades dos Sábados de Xadrez, unha nova actividade para aqueles sábados onde se disputen encontros no Centro Comercial Los Rosales.

E xa empezamos este sábado, no que comeza a Liga Galega de Xadrez e varios encontros terán lugar no espazo de xadrez do centro.

En principio serán catro os encontros de Liga a celebrar alí, por tanto 32 xogadores que se darán cita na Sala de Xogo.

Así que dende as 16,00 teremos a sala aberta por se queres vir botar unhas partidas, ver como xogan as partidas de Liga.

Por outra banda a partires do martes comezará un novo Torneo de lentas, coas mesmas bases e horarios do recentemente rematado e que novamente suporá a posibilidade de adestrar durante cinco semanas nas partidas longas, mais axeitadas para os que estes meses están a disputar a Liga Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario