19 de marzo de 2024

Rematan os Martes de Xadrez

Hoxe temos o último dos Martes de Xadrez antes da Semana Santa e remata o Torneo de adestramento de partidas lentas.

Será ás 19,00 no Centro Comercial Los Rosales.

Lembra que é unha actividade de balde grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

16 de marzo de 2024

Sábado de xadrez

Hoxe temos un novo Sábado de Xadrez, no que distintos equipos xogarán os seus enfrontamentos da Liga Galega de xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Se queres pasar a mirar ou botra unhas partidas estaremos dende ás 16,00 horas.

A Liga Galega parará logo durante dúas semanas e xa en abril voltaremos a organizar accións similares.

11 de marzo de 2024

Martes de xadrez

Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Hoxe ás 19,00 teremos a penúltima rolda do actual Torneo de Lentas.

Lembramos que podes pasar a xogar, participaras ou non nas roldas anteriores.