28 de agosto de 2023

Chegamos aos 32 xogadores

Cando o delegado do equipo do Casino solicitou facer un torneo de lentas non estaba claro que fora a ter éxito... pero este domingo, a falta dunha semana para o torneo chegamos aos 32 xogadores anotados.

Como dixemos o torneo vai ser unha proba para torneos de lentas mais ambiciosos e realmente a primeira impresión xa é positiva. Se case sen premios cubrimos as 32 prazas parece que podemos ir pensando en algo mais longo e con maiores premios.

Ademais tamén ten sucedido estes días que por fin tivemos noticia da familia de González March. A pesar de levar uns anos homenaxeando a este home non tíñamos moitos datos, Nos próximos días agardamos saber mais e estudar o xeito de facer deste torneo un dos referentes do xadrez coruñés.

O formulario segue aberto por se algún desexa anotarse en lista de espera. Mandaremos estes días un recordatorio aos inscritos por se algun ten problemas para asistir.

De entrada a todos grazas por anotarse e animar a seguir facendo este tipo de probas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario