O próximo fin de semana celébrase no Centro Comercial dos Rosales unha nova edición do Torneo de Xadrez de Primavera.
A actividade desenvolverase en dous días.
Desta maneira o venres 27 desde as 18,00 colocaranse unhas mesas para a disputa de partidas amigables e máis tarde, ás 20,00, iniciarase un torneo de partidas rápidas a cinco minutos que terminará unha hora máis tarde. Nesta proba os participantes xogarán nunha única categoría e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados.
O sábado 28 disputarase o Torneo de Primavera no que poden participar todos os interesados no que os participantes serán divididos en categorías en función da súa idade; sub8, sub10, sub12, sub14 e absoluto.
As roldas terán lugar dende as 17,00 ás 19,30.A actividade desenvolverase en dous días.
Desta maneira o venres 27 desde as 18,00 colocaranse unhas mesas para a disputa de partidas amigables e máis tarde, ás 20,00, iniciarase un torneo de partidas rápidas a cinco minutos que terminará unha hora máis tarde. Nesta proba os participantes xogarán nunha única categoría e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados.
O sábado 28 disputarase o Torneo de Primavera no que poden participar todos os interesados no que os participantes serán divididos en categorías en función da súa idade; sub8, sub10, sub12, sub14 e absoluto.
As inscricións poden realizarse no teléfono 981 150 168 ou no correo electrónico asociacion@palaestra.net