31 de decembro de 2024

Adestrando o día 2

Hoxe 31 temos un torneo de partidas lóstrego ás 17,00. É unha actividade de AGAX. Podes ver as bases en www.xogandocoxadrez.eu

Tamén o xoves 2 imos celebrar un torneo de adestramento para todos. Non é necesario estar federado.

En que consistirá?

En función do número de xogadores presentes poderease adaptar, pero a idea base é xogar un suizo a 5 roldas.

Cada rolda será doble, xogando unha vez con brancas e outra con negras contra o mesmo xogador.

En cada rolda sortearase a apertura que debe xogarse nas dúas partidas.

A variante e as xogadas a realizar de xeito obrigatorio estará incluído nas diferentes papeletas que entrarán no sorteo.

A proba é gratuíta. E adaptaremos o tempo para xogar de 17,00 a 19,30.

Anímate a participar e feliz ano!

28 de decembro de 2024

Resultado Nadal Lóstrego

Unha ducia de xogadores tomaron parte no Torneo de Nadal na súa modalidade lóstrego.
A clasificación foi a seguinte:
1. Nicolás Budiño
2. Pablo Espárrago
3. Nuno Moro
4. Marcos Martínez
5. Marco Marcote
6. Jaime Arangüena
7. Antón Castro
8. Iker Landeira
9. Jorge Abellán
10. Manuel Andión
11. Katia Abellán
12. Yago de la Torre

Hoxe sábado a sala de xadrez no Centro Comercial Los Rosales estará aberta de 18,00 a 20,00 por se alguén quere ir a botar unhas partidas.

27 de decembro de 2024

Xadrez e Maxia

VENRES 27

Coincidindo coa festa infantil no C.C. Los Rosales. Poden vir todos os que desexen particpar. Entre os que non teñan equipo pero queran xogar ás 20,00 faremos os equipos para o torneo.

18,00 - 19,00: VI Torneo de Nadal Lóstrego.
Trofeo para o vencedor. Medalla para os asistentes. Cota: 1 kilo de comida.

19,00 - 20,00: Actuación no Centro do Mago David Maestro

20,00 - 21,00: Torneo lóstrego por equipos de tres
Trofeo para cada un dos integrantes do equipo cencedor. Cota: 1 kilo de comida por xogador.

Vai haber bastante ruido no centro porque e a celebración da festa infantil de fin de ano, na que animamos a participar.