1 de xullo de 2013

Circuito de Xogos de Naipes

Cinco torneos farán este minicircuito do verán.

1. 5 de xullo. Tute Cabrón
2. 19 de xullo. Chinchón
3. 9 de agosto. Cinquillo.
4. 23 de agosto. Escoba
5. 6 de setembro. Oros.

A cota de participación de cada torneo é de 1 euro.
O gañador de cada torneo recibirá de agasallo unha camisola ou bolígrafo de Palaestra (o que prefira) e os tres primeiros da clasificación do circuito terán un trofeo conmemorativo.

22 de xaneiro de 2013

Torneo de Tute Cabrón

Cadro de Honra:

1. Héctor López
2. José M. Andión
3. Ernesto Pérez
4. Fran Domínguez

4 de xaneiro de 2013

Circuito de Naipes

Poñemos hoxe en marcha un Circuito de Naipes.

Serán seis torneos de distintos xogos de naipes, todos individuais, distribuídos un por mes, e dacordo con este calendario:

Xaneiro: Tute Cabrón
Febreiro: Brisca
Marzo: Chinchón
Abril: Ouros
Maio: Escoba
Xuño: Non Grato (o único non tradicional).

Características:
Pode participar quen o desexe. Hai una pequena cota de 1 euro, como donativo á asociación.
O gañador recibirá unha camisola de Palaestra como agasallo.
O ranking do circuito farase como é costume, sumando o campión de cada torneo tantos puntos como xogadores o disputasen, o segundo os mesmos menos un, o terceiro os mesmos meos dous e asi sucesivamente.
Os tres primeiros no circuito recibirán un Trofeo acreditativo.
Por cada dous torneos disputados os xogadores recibirán un bolígrafo de Palaestra como agasallo.