1 de abril de 2009

Asociarse

Debes ser mebro de Palaestra para algunhas das nosas actividades pero aínda que non participes constantemente nas mesmas podes facerte socio simplemente por apoiar a nosa actividade. Organizar torneos, moitos deles gratuítos e algúns sen apoios externos, ten bastantes gastos. No mellor dos casos as subvencións non chegan ao 80% do custo real.

Así que tanto se vas a participar nas nosas actividades para socios ou se queres axudar ao noso calendario de torneos, podes ser un membro de Palaestra.

SOCIOS DE PALAESTRA

O periodo vai dende o 1 de setembro ao 31 de agosto.

A cota anual é de só 10 euros.

Por inscribirse os socios recibirán un libro de xadrez e poderán escoller entre unha camiseta e unha taza da nosa asociación.

Ao solicitar un dos grupos de xadrez do curso xa teremos os teus datos. Se non é o caso podes solicitar o pequeno folleto para anotarte nas nosas actividades.

Actualizado FEBREIRO 2025

 

1 de marzo de 2009

Oferta para o Curso

En Palaestra funcionamos na Escola con tres trimestres.

Ista é a oferta para o periodo setembro-decembro
Lembra que nos próximos días pode haber algúns cambios.

Escola no Centro Comercial Los Rosales.

Características das clases:
É obrigatorio ser socio de Palaestra, agás o grupo gratuíto dos martes ás 19,00.
Grupo mínimo para comezar: 5 / Grupo máximo por grupo: 10.
90 minutos de duración: 30/45 minutos minutos de teoría 60/45 de torneo. 
Cota da actividade: 60 euros / trimestre.
Ofrecemos tres grupos distintos con temarios diferenciados.

GRUPO A: LUNS 17,30 a 19,00. Temario nivel 1 de iniciación.
Días de actividade
Setembro: 11, 18 e 25
Outubro: 2, 9, 16, 23 e 30
Novembro: 6, 13, 20 e 27
Decembro: 4, 11 e 18.

GRUPO B: LUNS 19,00 a 20,30. Temario finais.
Días de actividade
Setembro: 11, 18 e 25
Outubro: 2, 9, 16, 23 e 30
Novembro: 6, 13, 20 e 27
Decembro: 4, 11 e 18.

GRUPO C: MARTES 17,30 a 19,00. Temario nivel 2. 
Días de actividade
Setembro: 12, 19 e 26
Outubro: 3, 10, 17, 24 e 31
Novembro: 7, 14, 21 e 28
Decembro: 5, 12 e 19.

GRUPO D: MARTES 19,00 a 20,30. Actividade práctica. Temario lúdico / vocabulario. 
Días de actividade
Setembro: 12, 19 e 26
Outubro: 3, 10, 17, 24 e 31
Novembro: 7, 14, 21 e 28
Decembro: 5, 12 e 19.
Neste grupo non é necesario anotarse e é gratuíto.


Se os horarios non veñen ben hao opcións de organizar novos grupos e actividades noutras escolas. Contacta con nos.

Actualizado agosto 2023

2 de febreiro de 2009

O Noso decálogo

Ao longo da nosa historia fumos estabrecendo un modelo distinto baseado nos seguintes aspectos:

1. Deseño de Programas: Ademais de seguir o temario dos distintos niveis da Asociación Galega de Xadrecistas, Palaestra ten eleborados temarios propios estruturados e progresivos que se adaptan a diferentes niveis e idades, desde principiantes até xogadores avanzados. Estes programas abarcan dende os fundamentos básicos até estratexias e tácticas máis avanzadas.

2. Instrutores Cualificados: Os monitores da nosa escola teñen experiencia de anos no xadrez e a coordinación depende do presidente Ernesto Pérez, que conta cun curso de posgrao de xadrez educativo na Universidade de Alcalá de Henares. 

3. Clases Prácticas e Teóricas: Ofrecemos unha combinación de clases teóricas e actividades prácticas. Lembramos que os nosos torneos son unha referencia e adestrando para esas prácticas a maioría das clases nos Rosales consisten en hora e media de teoría e torneo.

4. Torneos: Organizamos torneos nas clases e algún dos torneos de mais sona na cidade como o de Entroido ou o do Centro Comercial Los Rosales para dar ao alumnado a oportunidade de pór en práctica as súas habilidades nunha contorna competitiva. Os torneos axudan a fomentar a autoconfianza e o espírito deportivo.

5. Atención Personalizada: Buscamos dar unha atención individualizada aos asistentes, identificando as súas fortalezas e áreas de mellora. Nalgúns dos cursos realizanse probas teóricas regulares para medir o progreso e axustar os programas en consecuencia.

6. Enfoque no Lúdico: Seguindo o lema da asociación Ad discendum nos delectamus, buscamos sobre todo ofrecer torneos e partidas aos nosos xogadores. O xadrez pode ser desafiante, pero tamén debe ser divertido e gratificante. Por iso realizamos tantos torneos, algúns con variantes lúdicas do xadrez.

7. Recursos de Aprendizaxe: Nos locais da escola contamos con distintos recursos educativos como libros, vídeos e/ou ferramentas en liña. Pensamos que Lichess é un dos espazos webs mais interesantes e contamos cun equipo activo na organización de torneos.

8. Eventos Especiais: Organizamos eventos temáticos, charlas, exhibicións e distintas accións relacionadas co xadrez para crear un sentido de comunidade entre os asistentes e fomentar o intercambio de coñecementos.

9. Fomento do Pensamento Crítico: O xadrez promove habilidades como o pensamento crítico, a toma de decisións e a planificación estratéxica, non só dentro do taboleiro, senón tamén na vida cotiá.

10. Colaboración con Escolas: Temos acordos con distintas escolas e coordinamos con AGAX algunhas actividades con centros estranxeiros.

Actualizado agosto 2023