12 de decembro de 2025

CONCURSO FOTOGRAFÍA

Aproveitando  celebración o Torneo de Nadal e como actividade lúdica complementaria, convocamos un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA.

1. OBXECTO DO CONCURSO
Animar á creación artística a través de fotografías que teñan como tema central o xadrez.

2. PARTICIPANTES
Poderá participar calquera persoa.

3. REQUISITOS DAS FOTOS
• Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías.
• As imaxes deberán ser orixinais e inéditas, non premiadas anteriormente noutros concursos.
• Formato admitido: JPEG ou PNG.
• Admítese tratamento dixital sempre que non altere a esencia fotográfica da imaxe.
• Non se admitirán fotografías que conteñan marcas de auga, sinaturas visibles ou elementos que identifiquen o autor.

4. TEMÁTICA
A fotografía deberá estar relacionada co xadrez. Pódese inspirar en:
• Partidas en lugares emblemáticos ou cotiáns.
• As pezas de xadrez como elemento plástico ou simbólico.
• Retratos de xogadores (afiuzados ou profesionais).
• Abstraccións ou detalles artísticos.
• O mundo do xadrez en contextos sociais, culturais ou paisaxísticos.

5. PRESENTACIÓN DAS OBRAS
• Enviar por correo electrónico a: asociacion@palaestra.net
• Asunto: CONCURSO XADREZ + Nome do participante
• Os autores ceden os dereitos de reprodución e difusión á organización só para fins promocionais do concurso e exposicións derivadas, mantendo sempre a autoría das obras.

6. PRAZO DE PRESENTACIÓN
Ata o 31 de decembro.

7. PREMIOS
Trofeo e taza de xadrez para a mellor fotografía.
A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases. Calquera situación non prevista será resolta pola organización.
 

11 de decembro de 2025

Inscritos e seguimento do Torneo de Nadal

Estamos cerca de chegar aos 70 inscritos, momento no que pecharemos as inscricións.

A información das categorías a continuación:

Categoría Sub 8: PREME

Categoría Sub 10: PREME

Categoría Sub 12 e Sub 14: PREME

Categoría Absoluta: PREME

1 de decembro de 2025

XIV Torneo de Nadal

Neste 2025 o noso torneo de xadrez vai ser o sábado 13 de nadal. Tras a primeira edición no Playa Club e as dúas seguintes no MUNCYT, repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 11 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas as actividades de xadrez da SCD Palaestra con axuda da Deputación da Coruña.

En próximos días informaremos tamén da edición do Torneo de Nadal lóstrego.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XIV TORNEO DE NADAL

Data: 13 de decembro de 2025.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00 (Hai que presentarse antes para confirmar a asistencia).

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: 
Bucholz
Sonneborn-Berger
Progresivo
Enfrontamento particular
Número de victorias
Número de victorias con negras

Ritmo de xogo: 10 minutos mais 3´´ incremento (os organizadores poden non poñer reloxos nalgunha das categorías, especialmente sub8 e colocar só nas partidas que se alonguen).

Horario das roldas: 17,00 / 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Os participantes nas categorias inferiores recibirán unha medalla por participar.

Cota: A cota de participación do torneo consistirá nun quilo de pasta ou arroz.
(De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando mais comida).

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME
En principio non se establece un límite de participantes, se ben estimamos un máximo duns 70 xogadores.