14 de febreiro de 2024

Tarde de Xogos

Como peche deste entroido e como non houbo martes de xadrez hoxe temos unha actividade para pechar as accións do entroido.
TARDE DE XOGOS
Horario: 18,00 a 20,00.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Como o martes foi festivo, invitamos aos interesados a acudir hoxe mércores a unha actividade de xadrez e xogos:
De 18,00 a 19,00: Montaxe de Legos, Partida de Simón e de Carcasonne
De 19,00 a 20,00: Torneo de partidas blitz de xadrez
Cota: de balde

E ti de quen ves sendo?

Nas actividades de cada un dos días se queres podes participar nunha das nosas actividades culturais.
Queremos animar a coñecer a historia empezando pola historia familiar e animando a coidar as fotos familiares.
Se nos traes unha foto dun dos teus bisavós, a dixitalizaremos para darte unha copia e  participarás no sorteo dunha taza da nosa asociación.

11 de febreiro de 2024

Torneo de Entroido Sub14

Luns 12: 
TORNEO DE ENTROIDO SUB14
Horario: 16,00 a 18,30 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 10' + 3''
Categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Suízo a 5 roldas. 
Cota: 4 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Medalla para todos os participantes.
O luns 18 será o día grande do entroido no Centro Comercial Los Rosales. A partir das 17:30 horas haberá talleres variados de caretas, antefaces, globoflexia, chapas e debuxo, xogos e Fotomatón especial de Entroido para aqueles nenos que acudan disfrazados.
Ás 18:30 horas no escenario situado en Planta baixa haberá un gran desfile de disfraces co sorteo de 5 packs de agasallos e agasallo de bolsiña de cuches para todos os nenos que se inscriban no desfile... Así que aconsellamos ir disfrazado e participar!

E ti de quen ves sendo?
Nas actividades de cada un dos días se queres podes participar nunha das nosas actividades culturais.
Queremos animar a coñecer a historia empezando pola historia familiar e animando a coidar as fotos familiares.
Se nos traes unha foto dun dos teus bisavós, a dixitalizaremos para darte unha copia e  participarás no sorteo dunha taza da nosa asociación.

10 de febreiro de 2024

Torneo de Entroido Absoluto

TORNEO DE XADREZ ABSOLUTO

Horario: 17,00 a 20,00 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 15' + 3''
Categoría única. Para calquera idade.
Suízo a 5 roldas. Máximo 32 participantes.
Cota: 4 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.

Aínda que a actividade será na sala de xadrez, no Centro Comercial a partir das 17:30 horas haberá xogos de entroido con música, bailes e coreografías para prepararse para o desfile do luns 12, así que probablemente teremos algo de ruido.