10 de xuño de 2023

RESULTADOS TORNEO DE PRIMAVERA

TORNEO DE PRIMAVERA - TORNEO PREVIO PARTIDAS A 5 MINUTOS

Iago Soto impúsose na proba de partidas lóstrego xogado o venres como previo ao torneo a 15 minutos.

Catro xogadores empataron a catro puntos no primeiro posto. 

Iago además recibiu o trofeo ao mellor xogador da UDC como alumno de Camiños.


1 IAGO SOTO, 1639 4 18.0 4 11.0 14.0
2 FLORENCIO GONZALEZ, 1517 4 15.0 4 9.0 13.0
3 ALBERTO SANCHEZ, 1728 4 15.0 4 9.0 12.0
4 LUIS PATIÑO, 1620 4 13.0 4 8.0 12.0
5 CARLOS CASTEDO, 1506 3.5 11.5 3 6.5 9.5
6 RAMIRO DEL VALLE, 1425 3 14.5 3 10.5 10.0
7 JOSE MANUEL ANDION, 1217 3 13.5 3 8.5 9.0
8 JULIO TRAVESO, 1364 3 13.0 3 8.0 9.0
9 BRAIS MARTINEZ, 1385 3 10.0 3 6.0 8.0
10 DAVID NOVO, 2.5 12.5 2 7.0 6.5
11 ANTONIO LOPEZ, 1414 2 14.0 2 8.0 7.0
12 PEPA SAÑUDO, 2 12.5 2 8.0 6.0
13 MARCOS SAN LUIS, 2 12.5 2 7.5 7.0
14 MARCO MARCOTE, 2 12.0 2 7.0 6.0
15 OLIVER SANCHEZ, 1168 2 11.5 2 6.5 5.0
16 FRAN TROITEIRO, 1272 2 11.0 2 7.0 6.0
17 RUBEN TROITEIRO, 1410 2 10.5 2 7.0 5.0
18 ROBERTO BLANDON, 1199 1 11.0 1 7.0 3.0
19 ROQUE MOSQUERA, 1 10.0 1 7.0 2.0
20 ESTEVO LEIRA, 0 9.0 0 5.0 0.0







19 de maio de 2023

Torneo de Primavera

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos o Torneo de Primavera para este 2023.

Agardamos a vosa presencia!

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA

Data: 10 de xuño de 2023.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Partcipantes: Ata 60 participantes.

Inscricións: Abertas ata o xoves 8 de xuño. Exclusivamente a través do formulario ligado:

Actividade complementaria: O venres 9 teremos ás 20,15 no mesmo lugar un torneo de partidas rápidas.

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: Gratuito.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.


8 de xaneiro de 2023

Escola de Xadrez - 1º Trimestre de 2023

Estes son os grupos que propoñemos para o primeiro trimestre de 2023.
En caso de ter éxito ampliaríamos os días da semana con actividade.

MARTES DE XADREZ
Actividade co apoio da Deputación da Coruña.
Xaneiro: 10, 17, 24 e 31 / Febreiro: 7, 14 e 28 / Marzo: 7, 14, 21 e 28.
Destinatarios: Calquera interesado.
Cota: De balde.
Horarios: De 19,00 a 20,30.
Desenvolvemento: 30 minutos explicación + 1 hora de torneo amigable de partidas rápidas.
Temario: Finales de Chernev
Non é necesario anotarse previamente.

XOVES - XADREZ DE INICIACION
Xaneiro: 12, 19 e 26 / Febreiro: 2, 9, 16 e 23 / Marzo: 2, 9, 16, 23 e 30.
Destinatarios: Calquera interesado sen moito coñecemento.
Cota: Socio + 20 euros / mes.
Horarios: De 17,30 a 19,00.
Desenvolvemento: 30 minutos explicación + 1 hora de torneo amigable de partidas rápidas.
Temario: AGAX Nivel 1.
Grupo máximo: 8 Grupo mínimo: 4

XOVES - XADREZ DE ADESTRAMENTO
Xaneiro: 12, 19 e 26 / Febreiro: 2, 9, 16 e 23 / Marzo: 2, 9, 16, 23 e 30.
Destinatarios: Calquera interesado con Nivel 1 aprobado, ELO FIDE e/ou experiencia probada.
Cota: Socio + 20 euros / mes.
Horarios: De 18,00 a 19,30.
Desenvolvemento: 1 hora de torneo amigable de partidas rápidas + 30 minutos explicación 
Temario: AGAX Nivel 2.
Grupo máximo: 8 Grupo mínimo: 4

Notas diversas:

1. A cota de socio de Palaestra de 2022-2023 é de 10 euros. Os socios reciben un carnet e unha camiseta.
2. Este ano non é obrigatorio estar federado. A Escola de Palaestra pode recomendar clubs onde federarse e disputar a Liga se os asistentes o desexan.
3. Os torneos dos xoves (non os do martes) terán pequenos agasallos para os vencedores de cada semana. 
4. Os grupos dos xoves serán confirmados se hai o mínimo de catro persoas interesadas.

Para incribirse nos grupos dos xoves: