1 de setembro de 2009

Outros xogos

Dende o comezo da historia da nosa entodade temos realizado moitos torneos de xogos diversos. Na actualidade temos un día á semana no que quedamos a xogar durante o curso.

Permanece a tento a este espazo ou as nosas redes sociais para ver as distintas actividades que imos conovocar fundamentalmente de setembro a maio.

Normalmente as actividades serán os martes pola tarde.

1 de agosto de 2009

As nosas páxinas

A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra mantén diversas páxinas e espazos en internet.

Páxina principal. O espazo oficial da nosa entidade co dominio mais antigo. Mais de 20 anos de actividade, nacido sobre todo na época da actividade forte en béisbol. 
www.palaestra.net

Espazo de Cultura. Un pouco de cultura, música, lectura... Outro espazo veterán en internet que leva o nome do local que ocupamos durante anos; o Club Brigantium.

Espazo de efemérides e historia familiar. Dende hai anos funciona este sitio que suministra dados da historia e que chamamos noutrora. Dende 2023 tamén recolle o proxecto de fomentar as historias familiares; as árbores xenealóxicas.

Espazo de xadrez e xogos. O noso sitio para xadrez e xogo ven funcionando dende hai mais de dez anos. En 2023 empeza a operar con outro dos dominios da asociación que case non tiña uso.

Temos en internet outros dous dominios en proceso de reforma; www.palaestra.es dun proxecto en castelán agora mesmo detenido e www.palaestra.org que no seu día reservouse para a futura fundación e que en principio recolle novas similares a www.palaestra.net

Redes sociais

Podes seguirnos en


Actualizado agosto 2023

1 de xuño de 2009

Equipo en Lichess

En 2020 e 2021 coas poucas actividades presenciais de xadrez con moita participación, unha das actividades na pandemia foi a posta en marcha do Club Online de Xadrez, que organizamos co Deportivo Auténtico e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX).

Hoxe cada unha das entidades, aínda que colaborando, temos os nosos equipos en Lichess.

A pertenza no equipo de Lichess do CC Los Rosales é gratuita. 

Se ben hai que cubrir un formulario previamente a ser admitido, xa que así temos os nomes reais para as memorias para administracións.

Como participar?

Segue os seguintes pasos:

1. Crea unha conta en lichess.org

Se xa tes unha conta segue ao seguinte paso

2. Pide entrada do equipo de Lichess 


Un dos administradores dará validez a túa entrada en canto cumplas co terceiro paso;

3. Cubre o formulario de inscrición no club online.

Alguén comprobará que están ben cubertos os datos e dará acceso ao Club (pode tardar unhas horas).


Actualizado Agosto 2023