1 de xuño de 2009

Equipo en Lichess

En 2020 e 2021 coas poucas actividades presenciais de xadrez con moita participación, unha das actividades na pandemia foi a posta en marcha do Club Online de Xadrez, que organizamos co Deportivo Auténtico e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX).

Hoxe cada unha das entidades, aínda que colaborando, temos os nosos equipos en Lichess.

A pertenza no equipo de Lichess do CC Los Rosales é gratuita. 

Se ben hai que cubrir un formulario previamente a ser admitido, xa que así temos os nomes reais para as memorias para administracións.

Como participar?

Segue os seguintes pasos:

1. Crea unha conta en lichess.org

Se xa tes unha conta segue ao seguinte paso

2. Pide entrada do equipo de Lichess 


Un dos administradores dará validez a túa entrada en canto cumplas co terceiro paso;

3. Cubre o formulario de inscrición no club online.

Alguén comprobará que están ben cubertos os datos e dará acceso ao Club (pode tardar unhas horas).


Actualizado Agosto 2023

1 de maio de 2009

Os nosos torneos

Dende hai anos Palaestra caracterizouse pola organización de torneos.

Hoxe organizamos algunhas das probas con mais participación e o Sporting Club Casino presta as súas instlacións para outras.

Entre os torneos hai alguns con maior forza como o de entroido, o de primavera, a Copa González March e o Torneo de Nadal, e outros menores como os torneos sociais do Casino, do Día Mundial do Xadrez, do Día Mundial da Xuventude...

A todos eles engádeselles os distintos torneos que se realizan nas clases, semana a semana, polo que seguramente sexamos a entidade con mais torneos de xadrez ao cabo do ano.

Os torneos provinciais organizados no Sporting Club Casino baten record de participación cando os facemos e mesmo superan nalgunhas categorías a distintos campionatos galegos.

1 de abril de 2009

Asociarse

Debes ser mebro de Palaestra para algunhas das nosas actividades pero aínda que non participes constantemente nas mesmas podes facerte socio simplemente por apoiar a nosa actividade. Organizar torneos, moitos deles gratuítos e algúns sen apoios externos, ten bastantes gastos. No mellor dos casos as subvencións non chegan ao 80% do custo real.

Así que tanto se vas a participar nas nosas actividades para socios ou se queres axudar ao noso calendario de torneos, podes ser un membro de Palaestra.

SOCIOS DE PALAESTRA

O periodo vai dende o 1 de setembro ao 31 de agosto.

A cota anual é de só 10 euros.

Por inscribirse os socios recibirán un libro de xadrez e poderán escoller entre unha camiseta e unha taza da nosa asociación.

Ao solicitar un dos grupos de xadrez do curso xa teremos os teus datos. Se non é o caso podes solicitar o pequeno folleto para anotarte nas nosas actividades.

Actualizado FEBREIRO 2025