22 de agosto de 2025

Copa González March

Hai varios anos, decidimos recuperar un torneo que a Federación Galega de Xadrez creara en 1935.

O primeiro homenaxeado foi González-March, delegado do Sporting Club Casino que tamén ocupara cargos nas federacións galega e española.

Un torneo ligado á historia do Casino e a unha das persoas que fixeron posible que a Federación Española operase desde A Coruña e que contribuíu a traer ao campión do mundo Alekhine a xogar ás nosas mesas.

En 2019, coincidindo co 30 aniversario de Palaestra, déuselle unha nova volta cun espectáculo de maxia na cerimonia de entrega de premios. O vídeo ao final deste artigo é un bo resumo daquela tarde.

E despois de varios cambios, este ano traemos un novo que esperamos que gocedes: un torneo dobre para nenos e maiores. Celebrarémolo do 1 ao 5 de setembro na rúa Real no que esperamos que sexa unha gran actividade tanto para nenos como para adultos, e que animará especialmente aos nosos socios a participar nas actividades da nosa asociación.

Este ano, facémolo en colaboración con outra organización: o Ludo Club. As regras para o torneo gratuíto están na súa páxina web.

Agardamos verte!