21 de abril de 2025
Volven os martes de xadrez
Quedan dous martes de xadrez neste mes de abril, nos que disputaremos as dúas roldas finais do Torneo de Lentas. No mes de maio retomaremos os torneos lóstrego en cada xornada.
10 de abril de 2025
Actividade en Semana Santa
Nesta Semana Santa á nosa programación especial no Centro Comercial Los Rosales, coa axuda da Deputación é a seguinte:
Semana Santa Lúdica.
A participación é de balde únicamente aos asistentes se lles pide traer un kilo de pasta o arroz para as nosas accións sociais.
Luns 14, dende as 17,00
Aperturas e Problemas - Partidas de 4 en liña - Torneo Come Come
Martes 15, dende as 17,00
Medio xogo e problemas - Montaxe Lego - Partidas de Damas (e despois Dominó para os maiores)
Medio xogo e problemas - Montaxe Lego - Partidas de Damas (e despois Dominó para os maiores)
Mércores 16, dende as 17,00
Finais e problemas - Partidas de Carcasonne
Finais e problemas - Partidas de Carcasonne
Torneo de Semana Santa.
Mércores ás 19,00:
Ritmo lóstrego.
Cota: 2 euros.
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Cota: 2 euros.
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.
8 de abril de 2025
Martes de xadrez e Xogade
Hoxe martes temos un novo Martes de Xadrez apoiado pola Deputación da Coruña no Centro Comercial Los Rosales.
Será unha partida lenta dentro do torneo que estamos disputando.
A vindeira semana teremos actividade especial que anunciaremos este venres.
Por outra banda comentar os bos resultados dalguns dos rapaces que asisten aos Martes de Xadrez. Varios deles participaron en equipos que xogaron o pasado sábado na fase intercomarcal cos mellores desta zona. De feito houbo xogadores en seis dos doce equipos.
E de todos os premios logrados troxemos dúas novas copas para a Sala de Xadrez.
1 de abril de 2025
Xadrez no día dos enganos
Martes de xadrez cunha nova rolda do torneo de lentas ás 19,00.
Hoxe é o Día dos Enganos... O 1 de abril van os burros onde non deben ir.
Así que o problema deste mes no local é un pouco diferente aos anteriores.
Ven xogar e o miras!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)