7 de maio de 2024

Martes de Xadrez

Hoxe temos un novo Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Rematada a Liga Galega de Xadrez para a maioría dos asistentes e tras a boa actuación de moitos dos rapaces nos torneos de Xogade, voltamos ao formato clásico dos martes de xadrez.

Unha pequena charla de finais e un Torneo de Xadrez de rápidas.

Estas actividades forman parte da nosa actividade anual coa Deputación da Coruña.

30 de abril de 2024

Martes de Xadrez

Hoxe temos un novo Martes de Xadrez. Será o último día do torneo do mes e o campión da proba levará o trofeo da Xornada de Beltaine.

O pasado sábado rematamos a actividade dos Sábados de Xadrez coa presenza de seis equipos da Liga Galega de Xadrez da Coruña, Cambre, Carballo e Narón.

En maio retomaremos os torneos de partidas rápidas que nos últimos meses aparcamos para que a xente xogase a un tempo mais tranquilo similar ao da Liga Galega de xadrez.

26 de abril de 2024

Liga e Xogade

Este sábado teremos o último dos Sábados de Liga de xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

A Liga Galega de Xadrez toca ao seu fin, con moitos dos xogadores que veñen pola escola de xadrez dos Rosales xogándose os primeiros postos.

Estaremos na sala dende as 16,00 horas.

Por outra banda o sábado pasado tivo lugar en Carballo a fase intercomarcal do Xogade, na que estiveron presentes moitos dos xogadores que participan nas actividades dos "Martes de Xadrez". Especialmente presentes nos equipos CIDU e XDM en categoría infantil pero tamén noutras categorías como no Smyslov e TDFC.

Noraboa a todos por estar presentes nesa fase e especialmente ao CIDU INFANTIL, que se clasificou para a fase provincial en Santiago, como campión.